44 POEMAS PARA LEER CON NIÑOS. Selección de Mar Benegas



Ola compis!

O libro que vos presento hoxe é unha auténtica marabilla. Por que? Por unha razón fundamental que ten que ver coa súa función. Está pensado para ser lido en voz alta e para ser desfrutado coa familia, cos amigos ou cos compañeiros. Adultos e nenos en harmonía.

E, como nos din desde a editorial Litera, "Non me gustaría deixar de lembrar o fermoso que é compartir a lectura en voz alta: o vínculo que se crea é dos que perduran na memoria. Tede presente que cando a vosa familia ri, le, xoga, recita, conversa ou pensa xunta, está construíndo lembranzas".

Isto é poesía. Concretamente, 44 poemas de ambos lados do Atlántico (España, Colombia, Chile, Arxentina, México, Perú, Uruguay, Venezuela e Cuba) seleccionados por Mar Benegas, unha poeta, autora de libros infantís, formadora, animadora á lectura e creadora de "El sitio de las palabras".

Espero que vos guste. Na miña casa os alces pasámolo bomba léndoo xuntos!






FICHA TÉCNICA:

Editorial: Litera.
Tamaño: 15x24'5cm.
Páxinas: 64.
ISBN: 978-84-940292-7-1.

Comentarios