A BOMBILLA MÁIS BARATA DO MUNDO






A idea é fácil. Necesitamos luz solar ou natural, unha botella con auga, un teito ao que pegala e un espazo que iluminar.

"A botella da luz", que así se chama, é un invento de Alfredo Monser, un mecánico brasileiro que buscou un método para axudar ás persoas máis necesitadas e fíxoo sen obter nada a cambio.

É recomendable que media botella estea fóra para recoller a luz suficiente e a outra metade dentro para reflexala cunha iluminación equivalente a unha bombilla de ata 60W.

Fálase de que este invento está sendo usado por millóns de persoas, polo que se cumpre ese fermoso desexo do seu creador, para quen a luz debería ser de balde.

Acabouse iso de pagar recibos abusivos?



Déixovos cun vídeo que ensina a facela:

                                    

Comentarios