AGROMANDO. Iago Fernández


Ola! Música amigos/as!
Hoxe preséntovos a un rapaz galego. Iago Fernández é un dos bateristas máis destacados do jazz español e no 2011 publicou este xenial e ilusionante primeiro disco "Agromando". 
O cangués rodeouse doutros grandes nomes (Demian Caboud, Xan Campos, André Fernandes, Virxilio da Silva, Zé Pedro, João Mortágua e mais Baptiste Techer) nos Boom Studios de Vila Nova de Gaia para gravar e masterizar sete temas propios e tres versións (unha fermosísima de "Pyramid Song" da banda británica Radiohead).

Jazz de calidade, amable en texturas, elegante nos ritmos, sen fisuras no instrumental e atlántico no sangue.

Unha marabilla feita aquí ao lado. Non a deixedes pasar!
Déixovos cunha canción interpretada en directo: 


Comentarios