ALTAVOCES ECOLÓXICOS PARA O TELÉFONO MÓBIL



Os aparellos electrónicos consumen bastante enerxía eléctrica. Aínda por encima, teñen moitos outros aparellos complementarios que aínda fan consumir máis. Pero temos unha solución.

Moita xente escoita música no teléfono con auriculares, mais todos sabemos que non se pode abusar. Por iso, propoñemos catro tipos de altavoces que amplifican o son (aumentan o volume) e que poderedes usar nas vosas casas (por favor, na rúa non!). 


O da foto de portada é o Modelo Cono.
 
Para realizar este modelo de altavoz eco só necesitamos facer un cono con un papel ou cartón que teñamos a man. O que podedes ver na imaxe está feito con plástico porque é unha empresa que os comercializa pero pódese facer perfectamente con outros moitos materiais e pegalo cun pouco de cinta adhesiva.


Modelo Vaso, Cunco, Bote…

Calquera recipiente fondo pódenos servir para amplificar o volume do noso teléfono para escoitar música ou a radio. Imaxinación ao poder! Debemos aproveitar o que temos sempre a man.



Modelo Rolo WC.

Como vemos na imaxe inferior, tan só necesitamos un rolo de papel hixiénico gastado e 4 chinchetas. Debuxamos un rectángulo con lápis do tamaño do noso teléfono e recortámolo cun cúter. As chinchetas  utilizámolas para ofrecer estabilidade á base. Podemos pintar o rolo de papel da nosa cor favorita ou añadirlle todas os aderezos que se nos ocurran. O resultado é un altavoz que amplía increiblemente o volume do teléfono sen ningún coste para o medio ambiente nin para o noso peto.



Modelo Rolo WC + Vasos.

Este segundo modelo de altavoz eco é unha evolución da idea anterior. Para isto necesitamos dous vasos de papel aos que lles faremos dous círculos no lateral para ensamblalos co rolo de papel hixiénico. Se fas os cortes nos vasos ben axustados terás un son aínda mellor que o anterior modelo.


Comentarios