COR ANIMAL. Agustín Agra e Maya Hanisch



Ola queridos nenos/as!

O libro que vos traigo hoxe representa unha fermosa forma de coñecer a fauna e a biodiversidade mediante trinta exemplos de animais terrestres, acuáticos e voadores que vos sorprenderán e que nos obrigarán a viaxar mentalmente polo mundo.

Características principais, habilidades, costumes e outras curiosidades serán as cousas que poderán descubrirse nos textos, que están escritos dun xeito sinxelo pero chamativo. As ilustracións dos animais, por outra parte, están feitas coa técnica do collage e dándolle moita importancia ao tratamento cromático das imaxes.

"Cor Animal" está conquistando a pequenos e grandes e, ademais, conseguiu facerse co PREMIO PURPLE ISLAND (Concurso Internacional de libros ilustrados NAMI ISLAND, COREA), cuestión que lle fai chegar a máis xente eliminando as fronteiras e os límites.

Sen dúbida, un dos libros máis guais dos últimos meses.





FICHA TÉCNICA:


Editorial: Kalandraka. Páxinas: 36. 
Tamaño: 22 x 22 cm.
ISBN: 978-84-15250-83-8.
Prezo: 13,00  euros.

Comentarios