HOLOCENE. Bon Iver



Ola my friends!

Preséntovos a Justin Vernon, un músico estadounidense que fai cancións moi fermosas. E fainas, ademais,  de moitos tipos, pois o rapaz ten varios grupos de música. Bon Iver, Volcano Choir, Gayngs, DeYarmond Edison ou The Shouting Matches son algúns deles.

Quero ensinarvos este videoclip tan bonito, do seu proxecto Bon Iver. A canción chámase "Holocene" e o vídeo está protagonizado por un neno coma vós. É certo que soa un pouco triste pero, en ocasións, da tristeza saen cousas que merecen moito a pena. Este é un exemplo. 

Espero que vos guste tanto como a min:



Comentarios