MI VECINO TOTORO. Hayao Miyazaki



Que hai señores/as!

O aperitivo de hoxe é un filme de animación xaponés sobre a vida rural nos anos 50. Unha peli de culto que nenos e nenas de moitas xeracións viron xa e que non debemos esquecer pr moito que teñamos novo cinema.

"Mi vecino Totoro" (1988) é unha obra mestra fantástica, un relato familiar moi na liña do realismo máxico, onde realidade, imaxinacióne simboloxía se mesturan ata o infinito.

Din dela que é unha das mellores pelis familiares da historia, que é humanista, solidaria e terapéutica.

Este é un conto marabilloso, un relato hipnótico dirixido polo xenio Hayao Miyazaki que fará as delicias de grandes e pequenos.

Dura 86 minutos, os cales serían unha moi óptima inversión do tempo.

Se vos animades... a desfrutala!



Comentarios