MUNDO LOCO. Atak


Ola!

Atak (Georg Barber) é un recoñecido e vangardista artista alemán, cun universo moi particular, que leva moitos anos sendo refrente da modernidade cultural europea.

"Mundo loco", publicado pola arriscada editorial de cómics Fulgencio Pimentel, é un conto enmarcado na ampla tradición de libros infantís do "mundo ao revés" e revela un universo caleidoscópico e divertidísimo no que o rato persegue ao gato, o neno alimenta á nai, a lebre dispara ao cazador, o cabalo monta ao xinete...

Este exemplar é un agasallo pictórico para a vista con ilustracións impresionantes a páxina completa, e tamén un xogo de ida e volta onde a liña entre a verdade e a mentira é moi fina.

Como podedes imaxinar os maiores, estamos ante un tesouro con infinitas posibilidades educativas.

Ide por el!





FICHA TÉCNICA:

Editorial: Fulgencio Pimnetel.
Encadernación: Cartoné. 
Tamaño: 24,5 x 30,5 cm.

Páxinas: 32.

ISBN: 978-84-16167-07-4.





Comentarios