O ESPECTÁCULO DAS AURORAS POLARES




Bo día!

Quero que vexades unha das cousas máis impresionantes deste mundo. Refírome ás Auroras Polares (que poden ser boreales ou astrales). Algúns xa saberedes o que son, outros non. Para os segundos, tentarei dar unha explicación sinxela sen caer en termos científicos. Veñen a ser uns reflexos luminosos de diversas cores  que se ven no ceo, producidos polo choque das partículas solares contra os Polos (norte ou sur).

E, sen máis, déixovos cun vídeo no que se observa isto que vos conto. É un time lapse, é dicir, centos e miles de fotos estáticas tomadas en diferentes momentos e que, ao ser distribuídas en secuencia e visionadas unha detrás da outra (sen pausa) aceleran a dimensión tempo.

En fin, déixome de historias... que hoxe estou moi científico. Aí o tedes:



Comentarios