A SMALL FILM. Joel Cosson e o efecto Tilt Shift




Bo día meus!

Coñecedes o efecto do Tilt Shift? Non? Explícovos entón!

O Tilt Shift consiste en retocar unha fotografía de maneira que simule tela tomado cun obxectivo descentrado. O efecto final consiste en reducir drasticamente a profundidade de campo, conseguindo que as fotos parezan maquetas, é dicir, miniaturas, sobre todo cando as fotos se toman desde un punto de vista elevado ou cando son vistas aéreas dunha zona.

E hoxe tráigovos un exemplo para que o vexades. É un vídeo que o seu creador, Joel Cosson, chamou "A Small Film". Aquí o deixo:












Comentarios