APROVEITAR A CALOR



Unha vez vin nun programa de cociña como o cociñeiro (o xove inglés Jamie Oliver) aproveitaba a calor de ferver os spaghettis para facer un postre. Explícovos. Resulta que colocaba un cunco de porcelana encima da pota onde se estaba a facer a pasta, e nel fundía chocolate para posteriormente elaborar un postre ben rico. 

Gustoume moito a idea, xa que con ela afórrase enerxía pero tamén tempo. Ademais é moi sinxela e só hai que ter coidado con deixar que pase un pouco o aire á pota.


Neste vídeo podedes ver o que vos digo.









Outra forma de aproveitar a calor e a enerxía é co forno. Por que non o usamos para facer subir a atemperatura da casa en inverno?




Hai familias que con esta situación de crise non poden encender a calefacción en todo o ano pero esta práctica pode axudar a facer a situación máis levadeira. 

Consiste en retirar a comida que esteamos cociñando e deixar a porta do forno aberta para que quente a habitación coa alta calor que se empregou para facer os alimentos. Funciona e cóstanos o mesmo que se deixamos a porta pechada.





Comentarios