DE MAYOR QUIERO SER PEQUEÑO. Ximo Abadía


Bo día!

Coñecín a Ximo Abadía xa de alce adulto, no 2009, cando lin o cómic "Cartulina de colores" e hoxe quero presentárvolo como autor de libros infantís. O libro que escollín é "De mayor quiero ser pequeño", da editorial Dibbuks.

Este conto vai basicamente de que pasamos toda a nosa infancia querendo ser maiores para poder facer cousas de maiores e cando somos maiores botamos de menos esa facilidade dos nenos e nenas para ser felices con calquera cousa e con calquera situación na que esteamos.

E  isto é suficiente para ter un bo e divertido libro. Aí volo deixo.



"Me gusta lo orgánico, la tierra, el desorden, las ceras,las piedras, perderme, mi perro, el grafito, las cosas pequeñas, el huerto, ensuciarme y andar descalzo".




FICHA TÉCNICA:

Editorial: Dibbuks.
Número de páxinas: 64.
Dimensións: 190x190cn.

ISBN: 978-84-940618-7-5.



Comentarios