EDUCAR EN EL ASOMBRO



Ola!

Igual que me pasou con "La pedagogía del caracol", descubro en "Educar en el asombro" un libro cheo de sabiduría, moi revelador, intenso en canto á atención e marabilloso desde todas as frontes.
É delicado, sutil, elegante, suxerente, bo, verdadeiro, fermoso e, por suposto, transgresor, desafiando así moitos dos convencionalismos que nos afunden cada vez máis neste mundo frenético e hiperesixente.
Propón unha aprendizaxe como a viaxe que nace desde o interior da persoa, como unha aventura que respete a natureza do neno, a súa inocencia, os seus ritmos, o seu sentido do misterio e a súa inesgotable sede de beleza.
Debería ser obrigatorio para todo aquel que saia á rúa e queira ser persoa (de verdade).
FICHA TÉCNICA:
Editorial: Plataforma.
Colección: Actual.
Formato: Rústica con solapas.
Páxinas: 184.
ISBN: 978-84-15577-42-3.





Comentarios