O RABAÑO. Margarita del Mazo e Guridi


Bo día CEIP Flavia!

Hoxe tráigovos un libro moi divertido e sorprendente. Trátase de "O Rabaño", publicado na nosa lingua pola editorial La Fragantina. É un conto en forma de álbum que nos aporta un novo punto de vista sobre a maneira de conciliar o sono. 

Margarita del Mazo (nos textos) e Guridi (coas ilustracións) crean unha orixinal historia de ovellas que teñen unha vida doada, que cumpren ordes humanas, é dicir, comen, durmen e axudan a durmir. E como nos axudan a durmir? Pois saltando en ringleira e coa numeración apropiada. Pero todo pode cambiar se unha das ovellas se nega a aceptar ordes e se rebela contra o sistema.

Esta ovella negra faralle desfrutar moito ao lector coa súa actitude, á vez que axuda a entender que debemos ser seres críticos e capaces de valorar e avaliar o que nos cheg de fóra.

Foi Premio Mellor Álbum Ilustrado Gremio Libreiros de Madrid 2014.




FICHA TÉCNICA:

Editorial: La Fragantina.
Páxinas: 40.
A partir dos 5 anos.
ISBN: 978-84-16226-03-0.









Comentarios