PENTATONIX. Maxia vocal




Como estamos?

O vídeo que quero amosarvos hoxe é unha mostra de orixinalidade, de talento, de enxeño e, tamén, de diversión.

Pentatonix é un grupo de música "a capela", composto por cinco vocalistas (Kirstie Maldonado, Scott Hoying, Mitch Grassi, Avi Kaplan y Kevin Olusola) da pequena cidade de  Arlington (Texas, USA). Teñen como único instrumento as súas voces, o cal xa é moito neste caso. 

Fixéronse coñecidos mundialmente grazas aos videos que ían colgando en You Tube. Ademais, gañaron o concurso televisivo "The Sing-Off" e iso permitiralles dispor dun premio económico e poderán gravar un disco cun selo discográfico importante.

Outra cousa importante destes rapaces é que colaboran con moitas causas benéficas e a súa concienciación a prol da mellora social é constante.

Mellor, déixovos xa con eles. A desfrutar!







Comentarios