ANIMAUX. Jérémie Fischer


Bo día!

A primeira recomendación deste curso vai para un libro francés. Un libro máxico, que cobra sentido a medida que o lector vai pasando as follas. 

Son formas abstractas e formas concretas que se van mesturando en páxinas de papel e de acetato e provocan un resultado magnífico, unha chuvia de cores que vai revelando o marabilloso mundo animal que temos a sorte de ter. 

É un libro perfecto para a interacción adulto-neno/a, xa que podemos crear unha historia a partir de cada páxina... e incluso tentar adiviñar de que animal se trata antes da fusión de cores e silueta.

Está en francés, mais iso non debería ser un problema para ninguén, pois as imaxes son universais e non entenden de linguas. Mentres agardamos que algunha editorial se decida a publicalo en galego ou castelán, podemos lanzarnos e así aprender palabras dun novo idioma.




FICHA TÉCNICA:
Medidas: 20,5 x 21,5 cm.
Páxinas: 68.
ISBN 978-2-36193-335-7 
Prezo: 20 €

Comentarios