CONTOS DE ÁFRICA. Escolma de Onofre Sabaté



Ola amigos/as!

"Contos de África" é unha escolma de narracións populares africanas seleccionadas entre as moitas que existen. Estas historias forman parte da cultura popular panafricana, tanto oral como escrita, e o encargado de facérnola chegar é Onofre Sabaté a través de Edicións Positivas.


Case trinta contos de temática variada, aínda que con aspectos comúns que sirven de fío condutor como, por exemplo, a vida en harmonía coa natureza, a prevalencia do ben común sobre o individual, a visión relixiosa do mundo ou a importancia da palabra como elemento transmisor de coñecemento. Unha literatura que tamén é a nosa… ou acaso non somos todos africanos?


Isto ven a ser unha didáctica para vivir mellor no mundo. 


FICHA TÉCNICA:

ISBN: 978-84-939812-0-4 Páxinas: 180
Prezo: 10,00 €  

Comentarios