GERMAINE KRULL


 
Boas!
 
É Germaine Krull unha das máis grandes fotógrafas de todos os tempos? Pois iso din, sí, e non vou ser eu quen o negue. Esta alemá que naceu a finais do século XIX e morreu a finais do XX interesouse pola anatomía humana desde os seus inicios.

Casouse en 1926 co cineasta holandés Joris Ivens e enseguida se trasladou a París para entrar na órbita de Jean Cocteau, Collete e André Malraus entre outros. Nos anos posteriores, o seu traballo centrouse máis no ámbito xornalístico e en retratos de artistas e intelectuales da época. Nestas imaxes pode apreciarse un certo aire dramático moi identitario na artista, así como un uso moi técnico do claroescuro, ambos aspectos que aportaban misterio ás súas imaxes.
 
Ademais de Francia, deixouse encantar polo Congo ou por Brasil. 
 
Sempre se viu influenciada polo construtivismo de Rodchenko e o dadaísmo de Man Ray. 
 
Hoxe quero compartir con vós esta foto porque me parece moi fermosa e porque ten moitas perspectivas desde as que mirar. Unha muller, un home, o mar, miradas, o aire...
 
Agardo que vos guste!

Comentarios