LOS FANTÁSTICOS LIBROS VOLADORES DEL SEÑOR MORRIS LESSMORE. William Joyce e Brandon Oldenburg





Bo día!

Este 24 de outubro, sábado, conmemórase o Día Internacional das Bibliotecas Escolares e, nós, hoxe, queremos compartir con vós este pequeno filme de animación que tanto recoñecemento acadou desde que viu a luz en 2011.

"Los Fantásticos Libros Voladores del Señor Morris Lessmore" ("The Fantastic Flying Books Of Mr. Morris Lessmore" no título orixinal) é unha marabillosa e entretida historia sobre as persoas que adoran os libros e sobre os valores que aportan as boas lecturas. Unha curtametraxe alegórica que mestura estilos, pois ten detalles técnicos da animación moderna, mais tamén bebe do cine mudo tradicional (Buster Keaton) e dos musicais clásicos ("El Mago de Oz").

Esta peli é unha razón máis para convidarvos a ler, para tentar convercervos (aos que aínda non o teñades claro) do gratificante que foi, é e será a lectura.



Agardo que vos guste!




Comentarios