LÚAS DE OUTUBRO E AGOSTO. Guadi Galego



Boas señores/as!

Quero presentarvos a Guadi Galego, unha das nosas máis destacadas cantoras na actualidade. Nas lúas cheas de outubro e agosto, a artista deu a luz aos seus fillos e, de aí, o nome do seu novo disco.

"Lúas de outubro e agosto" (2014) é o segundo disco desde que emprendera unha aventura en solitario, logo de pertencer a outros proxectos colectivos como Berrogüetto, Nordestin@s, Espido ou aCadaCanto.

Esta prolífica muller elabora cancións moi melódicas, fermosas, amables, que teñen un nexo común: a natureza das composicións, a esencia do vivido e madurado, a emoción e a intensidade, a delicadeza e o risco. Cancións intimistas para escoitar con tranquilidade.

Ademais, o formato do disco é moi bonito, nunha edición limitada cun libriño de 16 páxinas con información interesante e coas letras dos temas. Ideal para un agasallo a unha persoa que queirades (incluídos vós mesmos).




Aquí a tedes en directo:



Comentarios