PROJECT NIM. James Marsh



Ola amigos/as!

Do Reino Unido chega este documental de 2011 sobre un proxecto animal dos anos setenta. 
"Project Nim" vai sobre un experimento de fai corenta anos acerca das consecuencias que podería ter para a ciencia que un chimpancé, Nim, fose criado por humanos.

É a colisión entre dúas especies (que, todo sexa dito, en moitos casos non son tan diferentes), unha extraordinaria historia, moi emotiva e triste, que pasa a liña que separa a humanidade da animalidade.

Un retrato daquela era post-hippy chea de millonarios místicos con tanta pamplina na cabeza como palla. Un exemplo de ego humano e de crueldade onde o menos importante era o benestar do animal.

Comentarios