A ÁRBORE XENEROSA. Shel Silverstein



Ola!

Hoxe tráigovos un clásico, un libro escrito en 1964 por Shel Silverstein e que rescata para nós a xenial editorial galega Kalandraka. A fórmula é doada: ilustracións sinxelas en negro sobre branco e textos metafóricos para contar unha historia simple, clariña e ben triste.

Conta a desigual relación entre os humanos e a natureza, na que a segunda nos proporciona todo o que necesitamos mentres que nós non nos preocupamos de que estea ben. A natureza cóidanos e mira por nós, mentres que os seres humanos estamos acabando con ela a pasos axigantados.

É unha historia que nos debe facer pensar a nenos/as e adultos/as sobre como funciona este inxusto mundo. É necesario baixar unhas cantas marchas e vivir doutro xeito. Cal? Iso é o que temos que decidir entre todos... natureza incluída!

Un libro sobre o valor da amizade e o coidado do medio ambiente.




FICHA TÉCNICA:

Páx.: 64. 

Tamaño:19 x 25,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-962-5
Prezo: 15,00 €

Comentarios