AS ESCULTURAS CINÉTICAS DE THEO JANSEN




Ola meus reis e miñas raíñas!

Que cousa máis impresionante vos traigo hoxe! As esculturas cinéticas de Theo Jansen!

Este artista holandés conquista á xente coas súas marabillosas e xigantes figuras que denomina "Animais de Praia", esculturas que cobran vida co vento, esqueletes artificiais feitos a man con materiais industriais como tubos de plástico flexible, fíos de nylon ou cinta adhesiva.

Como non necesitan motores, sensores nin ningunha clase de tecnoloxía avanzada, as creacións axúdanse da natureza para desprazarse e aportar un dinamismo que as fai moi espectaculares.

O Rhinoceros Transport, Geneticus Ondula, Currens Ventosa son algúns dos seus preciosos mostros.

Moitos chámanlle o Leonardo da Vinci moderno. 



Aquí vos deixo uns vídeos para coñecelo mellor (algún está en inglés pero non pasa nada, o importante é a imaxe):




Comentarios