CLYCHAU DIBON. Catrin Finch e Seckou Keita



Bos días!

A harpista máis célebre de Gales une forzas co senegalés virtuoso da kora e o resultado é este "Clychau Dibon" (2013), unha preciosidade instrumental como poucas, que aúna o son do oeste africano e as melodías clásicas do norte de Europa.


Crean algo sublime, totalmente moderno, algo senlleiro, é dicir, dúas culturas con arraigo e moita historia collidas da man no sendeiro do lirismo musical.


Sete cancións longas e moi desfrutables, oníricas, orgánicas, agradables, máxicas.


Nese lugar onde frío e calor se xuntan, nese espazo onde raza branca e negra se expanden, nese momento de encontro espiritual, nese paraíso sonoro é onde estamos con este excelente disco. Un exemplo de convivenvia harmónica.

Catrin Finch e Seckou Keita… vaia par deles!



Aquí un vídeo de mostra do que fan:

Comentarios