DAVE KAUFMAN E A SÚA PINTURA FLUÍDA




Ola!

Hoxe quería amosarvos este vídeo que vin fai unhas semanas e que me deixou fascinado. 

Trátase da "Tall Pinting" de Dave Kaufman, unha especie de "pintura de altura" coa que o artista elaborou a súa serie "Holton Rower" e que mostra nunha serie de espectaculares vídeos.

Estes vídeos deixan ver o simple pero incriblemente fermoso proceso de creación, no que se verten pinturas encima dunha superficie determinada e estas van escorrendo ata que a forza da gravidade descansa.

É un tipo de arte informal e, se queredes, infantil pero os resultados son tan bonitos e divertidos que nos deberiamos plantexar se coa madurez e a vida adulta perdemos a alegría e a sinxeleza das técnicas máis primarias. Ao mesmo tempo, non se pode negar que tamén resulta algo sofisticado e organizado.



Déixovos un destes vídeos dos que falo e non me digades que non é hipnótico...



Comentarios

  1. É moi chulo EF. Parece maxia e marea de verdade, ainda que a algúns non nos mareou tanto como a outros.

    ResponderEliminar
  2. Marea, marea, pero non nos estropea...

    ResponderEliminar

Publicar un comentario