EL ÁRABE DEL FUTURO. Riad Satouff



Ola compis!


"El árabe del futuro" é unha santísima marabilla! 
Premio á mellor obra en Angouleme 2015, Premio RTL ao mellor cómic do ano 2014, máis de 200.000 exemplares vendidos en Francia e moitísimas boas críticas avalan esta fantástica obra de Riad Sattouf (ex Charlie Hebdo e director tamén do divertidísimo filme "Les Beaux Gosses").
O cómic, como moi ben di na contracapa, "conta a historia real dun neno loiro e da súa familia na Libia de Gadafi e a Siria de Hafez Al Asad.
Un libro sobre as diferencias entre o mundo árabe e o europeo, visto a través dos ollos dun rapaciño, que como observador e actor, vai amosando aspectos que reflexan á perfección diversas realidades que vivimos na actualidade.
Imprescindible, claro... e para todos os públicos, sobre todo o adulto!
FICHA TÉCNICA:
 
ISBN: 978-84-16131-12-9.
Páxinas: 160.
Tipo de edición: Rústica con solapas.
Editorial: Salamandra Graphic.

Comentarios