FALECE XOSÉ NEIRA VILAS





Un triste ola para todos/as vós!

Hoxe deixounos o noso querido Xosé Neira Vilas, unhas das figuras literarias máis importantes e representativas da literatura galega no século XX. 

Este infatigable conversador faleceu fai unhas horas aos oitenta e sete anos en Gres (Vila de Cruces) a súa vila natal. Narrador, ensaísta, poeta, xornalista e referente intelectual, Neira Vilas fixo da súa vida un canto á sinxeleza, ás boas maneiras e ao galeguismo desde dentro do territorio e desde o exterior (cando emigrou a Bos Aires e a Cuba).

Para sempre queda a súa obra mestra "Memorias dun neno labrego", que aproveito para recomendar con todas as miñas forzas, así como fermosuras tales que "Xente no rodicio", "A muller de ferro", "Nai" ou "Camiño bretemoso".

Vaise un dos máis grandes, un home de verdade, contundente, amable, realista e soñador, mais de seguro seguirá ás súas cousas no alén, cun ollo posto en Galicia e outro no mundo.

Grazas por todo, ata sempre e descansa en paz Xosé!





Comentarios