Bo día!
Tráigovos hoxe outro libro de Marta Altés. E outra vez na editorial Blackie Books!
É un libro ideal para todos aqueles de vós que desfrutedes creando e facendo arte. É a historia dun neno ao que tamén lle encanta expresarse mediante a pintura, e comunícase tendo en conta as cousas que o rodean como calcetíns, alimentos ou o seu gato. As cores, os tonos desas cores e incluso as súas texturas son aspectos que o teñen enganchado. Pero temos un problema: todo o entusiasmo que lle sobra a el, fáltalle á nai, que non comparte as súas afeccións.
Unha tenra mirada á arte, a mirada dun neno que desfruta deixándose levar pola súa imaxinación.
Un libro necesario para os nenos e nenas, mais tamén para os adultos que, en ocasións, esquecemos a beleza cotiá das cousas que nos rodean.
FICHA TÉCNICA:
32 páxinas.
Tapa dura.
22x27 cm.
ISBN: 978-84-941676-0-7
Comentarios
Publicar un comentario