SURF DE ONDAS XIGANTES




Bo día!

O curso pasado ensineivos un vídeo moi chulo sobre rapaces e rapazas facendo cousas en monopatíns polas rúas de Estados Unidos e hoxe fago o mesmo pero co surf.

Xa sabemos que o mar impón e hai que terlle mito respeto, pola súa forza, polas correntes, por imprevisible, por inmenso... pero hai unha serie de valentes (ou tolos, chamádelle como queirades) que se atreven a desfrutar coas grandes ondas en lugares como Hawaii.



Uns sentiredes medo, outros nerviosismo, outros admiración, mais todos teredes a boca aberta con este vídeo!




Comentarios

Publicar un comentario