TIMBUKTU. Abderrahmane Sissako



Como vai iso?

Sete Premios César, Sección Oficial de Cannes, Nominada a Mellor Filme de Fala Non Inglesa nos Oscar, Mellor Director no Festival de Chicago…


"Timbuktu" (2014) é un filme de Mauritania dirixido por Abderrahmane Sissako que conta como unha familia en concreto, e moitas outras en xeral, se ven sometidas aos ditames duns extremistas relixiosos que se asentan na cidade maliense de Tombuctú aplicando tribunais improvisados que acatan leis e castigos absurdos e moi tráxicos.


Profundamente emocionante, provoca a desesperación e o enfado no observador que ten un pouco de sentido común e fire amosando as incoherencias e o salvaxismo dos extremismos islámicos. 


Unha peli moi humanista, política, neorrealista, sinxela, onde a figura, forza e intelixencia feminina queda por encima de todo.


Moi recomendable peli dirixida aos docentes e a calquera persoa que queira entender o que sucede hoxe en día sen caer nos tópicos dos medios de comunicación de masas.

Comentarios