UN ANAQUIÑO DE HORIZONTE. Arturo Abad e Miguel Cerro



Como estades? Ben? Iso espero e desexo!

Para hoxe, un libro sobre un pirata que quere descubrir o que se agocha detrás do horizonte. Por iso, decide afrontar unha viaxe ao fin do mundo. A tarefa non é doada e, ademais, canto máis se achega ao seu punto, máis lonxe o aprecia. Para rematar con esta sensación, xoga co horizonte a "unha, dúas, tres, zapatiño quieto é". Deste xeito, vaino sentindo cada vez máis cerca.

"Un anaquiño de horizonte" é un conto intelixente, que trata a idea das regras e a que unhas poden estar supeditadas a outras. Por exemplo, e como acontece nesta historia, as regras naturais non permiten alcanzar o horizonte, mais tampouco se poden incumprir as normas dun xogo. 

O texto e a ilustración casan á perfección e isto axuda e fai máis agradable meterse de cheo no libro.


"Ao horizonte fáltalle un anaquiño
á dereita de onde se pon o sol.
Por ese oco saltan os peixes
e as botellas que esconden mensaxes secretas".





FICHA TÉCNICA:

Editorial: OQO.
ISBN: 978-84-9871-508-8.

40 páxs. 
Cartoné. 
Medidas: 22x28.

Comentarios