ATLAS DE ISLAS REMOTAS. Judith Schalansky



Que tal?


Esta marabilla está coeditada por Capitán Swing e por Nórdica Libros, que suman os seus esforzos para publicar un dos libros máis interesantes e fermosos de 2013. E tremenda edición! Que preciosidade!

"Atlas de Islas Remotas" é visualmente sorprendente, unha viaxe de paixón polo misterio, un traballo moi completo que Judith Schalansky nos agasalla para deixarnos desfrutar.

Son cincuenta illas moi alonxadas de terra firme, da xente, dos aeroportos e das guías turísticas, presentadas a través de datos históricos, ubicación, dimensións, distancias, características ou lendas. Son como pequenas lúas a descubrir.

Un libro perfecto para os que lles gustan os atlas, viaxar, a política e a tradición oral. 

Unha xoia cartográfica. 
FICHA TÉCNICA:
Traductor: Isabel G. Gamero Tamaño: 17 x 24 cm. Encuadernación: Cartoné Páginas: 160 PVP: 23,95 € ISBN: 978-84-94169-07-6

Comentarios