CHANCHO-PANCHO. Maurice Sendak




Ola!

"Chancho Pancho" é un libro que fala acerca da sobreprotección familiar e faino dun xeito irónico e crítico, apostando pola liberdade e irreverencia "puntual" dos nenos/as.

Conta a historia dun porquiño que queda orfo logo da morte dos seus pais. A tía Asunción faise cargo del e celébralle a festa de aniversario (dos nove anos) que nunca tivo. Todo vai ben ata que a muller se vai e chegan máis porcos con disfraces. A partir de aí, a reunión vólvese caótica e comeza a tolería definitiva.

Este libro gañou o premio School Library Journal Best Book e, estando Maurice Sendak detrás e unha coidada edición da xenial Kalandraka, temos un éxito asegurado.

Un conto para pequenos/as, mais con contínuas referencias ao mundo adulto.





FICHA TÉCNICA:

Editorial: Kalandraka.
Páxinas: 40.
Tamaño: 28 x 21'5cm. 
ISBN: 978-84-8464-920-5.




PRIZES AND OTHER MENTIONS
SCHOOL LIBRARY JOURNAL BEST BOOK
La fiesta de cumpleaños se le ha ido de las pezuñas... ¡y la tía Asunción se ha puesto furiosa! Irreverente, grotesco y satírico, el último libro de Sendak ironiza y cuestiona la sobreprotección familiar.

Comentarios