EL NIÑO. Rocío Márquez



Ola amigos/as!

Unha fermosura de disco! Flamenco, sí, pero que iso do xénero non vos tire para atrás aos que non vos guste. 

Fai tempo, case ao comezo deste blog, recomendeivos un disco dunha artista chamada Silvia Pérez Cruz e, por casualidade, salvando as distancias estilísticas, a enerxía, o concepto e o sentimento son moi similares aos desta Rocío Márquez.

"El Niño" (2014) é unha absoluta preciosidade. Un extenso tratado de novo flamenco que homenaxea a Pepe Marchena (un investigador coñecedor de múltiples cantes e incansable creador experimental) e que está dividido en dezaoito cancións, cunha parte clásica (con Faustino Núñez ou Pepe Habichuela, por exemplo) e outra de nova creación (con Raül Fernández Miró na produción).

Rocío Márquez axita a tradición dunha maneira moi sorprendente e declara sentencias tan intelixentes como "Reproducir sin más el pasado solo es ofrecer algo sin vida".




Aquí a tedes en vivo e en directo:






Comentarios