LISTAMANÍA. 18 COUSAS QUE CAERON DO CEO




Ola!

Imos iniciar unha nova sección neste blog que se chama LISTAMANÍA e que comeza hoxe. Consistirá nunha serie de listas sobre cousas curiosas e moi divertidas que veñen recollidas todas no libro do mesmo nome. Agardo que vos guste!


Estreámonos cun asunto sorprendente que seguro vos fará quedarvos coa boca aberta: 18 COUSAS QUE CAERON DO CEO.

1. Carne (Estados Unidos, 1876). Especulouse que podían ser vómitos de voitres.

2. Xeo azul (Estados Unidos, 2002). Hai informes que din que desde os lavabos dos avións caen sustancias similares.

3. Ovos (Haití, 1786). Eran de cor negro e deles aíron uns cágados que nunca se convertiron en ras.

4. Sangue (Colombia, 2008). Foi unha chuvia de sangue non identificado.

5. Enorme bola de xeo (Brasil, 2005). Unha masa de xeo de 200 quilos estrelouse contra o teito dunnha fábrica.

6. Arañas (Arxentina, 2007). Foi moi destacado porque ademais foi filmado.

7. Calamares conxelados (Illas Malvinas, 1997). Un pescador coreano estivo dous días en coma polo impacto dun deses calamres.

8. Xelatina (Escocia, 2009). Ninguén sabe o que son.

9. Mariscos (Inglaterra, 1881). Caranguexos e caracois mariños caeron durante unha tormenta eléctrica.

10. Sapos (Francia, 1794). Esta é unha chuvia das máis comúns dentro das raras.

11. Diñeiro (Alemaña, 1976). 1450 dólares americanos en billetes foron recollidos por dous clérigos.

12. Sangue de paxaros (Italia, 1890). Producida por unha bandada que foi ferida por un vendaval. Curiosamente, non caeron trozos de animais.

13. Ras (Grecia, 1981). Ras verdes dunha especie norteafricana caeron sobre os habitantes de Nauplia.

14. Chuvia colorada (India, 2006). Debido ás esporas dunha alga.

15. Peixes (Singapur, 1861). Despois dun terremoto, moitos peixes caeron do firmamento.

16. Enorme meteorito (China, 1976). Unha peza de dúas toneladas... dúas toneladas!!!!

17. Vacas (Rusia, 1997). Caeron nun barco de carga que foi destruído polos impactos. Dícese que puideron caer dun avión de carga.

18. Lodo (Australia, 1996). Desde que unha vila de Tasmania amenceu cuberta en lodo, celebran o "Día do lodo" cada ano.

Comentarios