Ola!
Na
madrugada do pasado luns deixounos aos sesenta e nove anos un xenio
da música popular, unha icona do rock de enorme talento e cunha gran
capacidade para reinventarse e adaptarse ás novas tendencias que ían
chegando cos novos tempos.
David
Robert Jones, máis coñecido artisticamente como David Bowie, morreu
vítima dun cancro contra o que levaba loitando dezaoito meses.
Musicalmente sempre será inmortal, pois quédannos os seus discos e
as súas cancións.
Vinteseis
discos de estudo, doce de directo e participacións (máis ou menos
activas) en vintecatro filmes.
Para a lembranza queda tamén unha frase súa que axuda a seguir adiante e que anima a intentar facer cousas sen desilusionarse: "Non hai nada que aprender do éxito(...). Todo se aprende do fracaso".
E,
agora, quedamos cun par de cancións del:
Comentarios
Publicar un comentario