ALEX NERO





Bo día!

Alex Nero é un artista ukraniano-estadounidense que naceu no ano 1986. As súas dúas principais ocupacións son as de músico e fotógrafo, as cales desenvolve na súa cidade, New York.


Un dos seus traballos máis interesantes é un proxecto pensado para os 365 días do ano (e comezou o 1 de xaneiro de 2013). Nel, combina esas dúas paixóns, fotografía e música, e vai subindo ao seu perfil de Facebook a imaxe de cada día para, posteriormente, acabado o mes, elixir unha foto que inspirará unha canción. Polo tanto, o resultado serían 365 imaxes e 12 cancións. Unha atractiva proposta que o trae hoxe a este blog.


No apartado das imaxes, destaca o dinamismo das súas creacións (a pesar de seren fotografías). O seu tema consiste en introducir pintura e tinta en auga, polo que o seu control sobre o resultado é mínimo. Pode seleccionar as cores, a intensidade de volteo, o momento que capturar e pouco máis. A obra que produce está viva e sometida a constante modificación.


As súas fotos teñen moitísima forza, moito poder visual, moita plasticidade, moito corpo e o espectador podería pasar días mirando sen aburrirse.


Espero que vos guste!


















Comentarios

Publicar un comentario