ILUSIONES ÓPTICAS. Recopilado por Tim Leng




Ola a todos/as!

Que queredes que vos diga deste libro? Pois simplemente que é unha auténtica pasada! Unha marabilla de libro para desfrutar na casa, na aula, no parque, na praia... en calquera lugar!

"Ilusiones ópticas" é un compendio de 74 imaxes sorprendentes recopiladas por Tim Leng para a editorial Bruño. Debuxos que poñen a proba a nosa percepción e que, ademais de resultar un momento moi entretido e tamén divertido, axuda a exercitar a nosa mente. 

Non todo é o que parece e, cun pouco de paciencia, descubriremos unha dimensión alucinante que só require de concentración e de vontade de pasalo ben.



Experimentádeo e desfrutádeo!




FICHA TÉCNICA:


  • Tamaño: 22,00cm. x 16,00cm.
  • Páxinas: 130.
  • Idioma: Castellano.
  • I.S.B.N.: 978-84-696-0392-5
  • Prezo: 12,00€.

Comentarios