Ola compis!
Aquí tedes outro exemplo dun artista que fai cousiñas guais empregando alimentos.
Non fai moito tempo coñecín a este artista a través de Instagram (para algo tiña que valer!) e a verdade é que me sorprendeu bastante o corpo do seu traballo e o divertido que parece.
No seu perfil desta rede social faise chamar Isteef, mais en realidade chámase Stephan Brusche e é holandés.
Todo comezou un día que, nun descanso na oficina, decidiu debuxar unha cara no plátano que traía para comer a media mañá. para colgalo na rede e compartilo cos seus amigos. Imaxino que a foto tivo bastante éxito e iso animouno a seguir colgando outras imaxes.
Brusche alucinou co fácil e desfrutable que era debuxar na pel dos plátanos e optou por tomalos como o seu soporte, o seu medio para chegar ao maior número de xente posible.
E que queredes que vos diga, paréceme unha idea moi divertida e diferente, amable, fresca e vistosa.
Pero o certo é que non só debuxa na froita (non só fai cousas en plátanos, a veces traballa con kiwis, peras, mazás, mandarinas…), senón que tamén crea esculturas con determinados cortes que executa na pel.
Descubride o mundo amarelo e nutritivo de Isteef!
Está moi bonito EF. Foi unha das entradas que máis nos gustou. O do pingüín encantounos.
ResponderEliminarHOLA EF.Soy una alumna de 5,b.Encantaronme as cousas que fai ISTEEFcon mondas de platanos e outras cousas.
ResponderEliminarÉ que resulta alucinante!
ResponderEliminarme encantan
ResponderEliminarSon espectaculares! Debe ser moi difícil facer algo así.
ResponderEliminarQUE RICO E IMPRESIONANTE!
ResponderEliminarEstou dacordo contigo Iris, ten todo unha pinta boísima! Rico, rico!
ResponderEliminar