Que tal estades? Espero que ben!
A editorial Xerais publicou este fantástico libro composto por vinte lendas que veñen acompañadas por outros vinte poemas, en total harmonía e ritmo.
Lendas variadas que nos chegan desde a oralidade en comuñón coa máis fonda tradición galega, lendas moi variadas tanto na procedencia xeográfica como na temática tratada. E, ao carón, uns poemas máxicos e fillos da fantasía, que agardaban a ser rescatados para esta marabilla de libro.
Que máis teño que dicir? Pois nada, animádevos e lédeo!
FICHA
TÉCNICA:
Tamaño:
14,00 x 21,50 cm.
Rústica
cosido a fío.
Páxinas:
168.
I.S.B.N.:
978-84-9914-916-5.
Comentarios
Publicar un comentario