Que tal? Espero que ben!
A onde van os/as profes cando se pon o sol? Por que as directoras sempre patrullan polo pasillo? De onde veñen os substitutos? Como conseguen na cociña facer comida para tantos nenos/as? Que misterios agochan as excursións escolares? Para que serven as faltas de ortografía? Onde se sentarán os nenos/as novos/as? Estas e outras preguntas acláranse neste xenial libro chegado de Francia.
Éric Veillé vainos paseando por estes segredos que hai nos coles e que afectan a alumnado, profesorado, bedeles, cociñeiros/as, equipos directivos e, en definitiva, a todos os habitantes das escolas.
Historias con incribles descubrimentos que nos fan afrontar o noso día a día cun pouco de humor... ou un moito de humor, mellor dito!
Ademais, este libro supón unha importante arma pedagóxica para humanizar ao colectivo docente e achegalo aos escolares e ás familias.
FICHA TÉCNICA:
Editorial: Blackie Books.
Páxinas: 32.
Encadernación rústica.
Tamaño: 27x19cm.
ISBN: 978-84-16290-36-9.
Comentarios
Publicar un comentario