TAC, TAC, TAC, PLOF. Minia Regos e Pepe Monteserín




Bo día!

Hoxe tedes aquí un fermoso libro destinado a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos, aínda que, coma sempre, esa idade pode estenderse sen límite, pois o desfrute coa literatura é universal e non entende de tempo.

"Tac, tac, tac, plof", editado por Narval Editores, e creado polas ilustradora Minia Regos e os textos de Pepe Monteserín, conta a historia dunha nena chamada Eva que cos ruídos da noite e da natureza sentía que todo funcionaba... e un día deixa de escoitalos. O tac-tac das ostras lanzando as perlas contra a cáscara, o toc-toc do paxaro carpinteiro ou o cri-cri dos grilos.

Agardo que vos divirtades moito con esta fantástica combinación de debuxos en branco e negro e letras adaptadas.






FICHA TÉCNICA:

Colección: Álbum ilustrado.
Nº Páxinas: 36.
Encadernación: Cartoné.
Formato: 29 x 21cm.
ISBN:
 9788493998479.

Comentarios