THE ROCKET. Kim Mordaunt



Ola!

Hoxe, algo para toda a familia.


"The Rocket" (2013) é un filme australiano que se fixo co galardón á Mellor Ópera Prima no Festival de Berlín e co de Mellor Filme, Mellor Actor e Premio da Audiencia no Festival de Tribeca.

Conta a historia dun neno que nace coa mala sorte para a súa cultura e que ten que ir superando as dificultades que lle van saíndo ao paso entre as malas miradas dos seus e dos de fóra. Para desafiar a todos, decide participar na competición máis perigosa e emocionante do ano, o Rocket Festival, é dicir un concurso de construción de enormes fogos de artificio.

Unha peli que absorve, que mantén a atención do espectador, poderosa visualmente, profundamente emotiva, para todos os públicos e interpretada con talento.

Comentarios