APRENDICES VISUALES. Míriam Reyes







Ola!

Hoxe quero contarvos esta interesante proposta que coñecín hai uns meses. É unha idea da xove Míriam Reyes e vai enfocada á formación e desfrute dos nenos e nenas con autismo. Trátase dun portal (unha páxina web) no que descargar e visualizar online contos... e o mellor de todo é que está sendo un éxito absoluto!

Céntrase na visualización de imaxes como eixo vertebrador das historias. Un dos obxectivos da creadora é “Romper cos convencionalismos e ofrecer un gran potencial para producir un impacto social internacional mellorando a calidade de vida dos nenos con autismo a través das novas tecnoloxías”.

Esta moza acudirá XV edición da Cumbre Mundial dos Premios Nobel da Paz e está nominada aos ‘Make Things Better Award 2016’ que outorga 10000 euros para o gañador.

O mellor é que o vexades de preto, así que déixovos o enlace: http://www.aprendicesvisuales.org/


















Comentarios