COCOROCOCÓ. Didi Grau e Christian Montenegro



Que tal amigos/as? Espero que ben!

"Cocó cocorococó" é un conto circular e de acumulación para os máis pequenos. Súmanse sons, personaxes, imaxes, tanto no texto coma nas ilustracións. Trátase dunha historia moi sinxela pero que, cun toque de humor, dá moitísimo xogo na casa ou no cole.

 Resulta moi boa para contala imitando voces e facendo onomatopeas. Tamén pode empregarse para mellorar a memorización, a busca e recoñecemento de figuras, etc.

Un libro para facer rir, falar e cantar a todos. 

Didi Grau e Christian Montenegro crearon esta marabilla dentro da colección Panzada de Letras da editorial arxentina Pequeño Editor, que levou en 2015 o BOP (Bologna Prize) á Mellor Editorial Infantil en Latinoamérica. 




FICHA TÉCNICA:

Editorial: Pequeño Editor.

Páxinas: 28.
Tamaño: 20 x 20 cm.
ISBN: 978-987-1374-49-6.

Comentarios