Boas!
Hoxe temos un libro que foi Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado no 2015. "Despois da chuvia" é unha historia incrible publicada pola editorial Kalandraka, unha obra cun intenso colorido e unha composición moi especial.
É un sinxelo e moi suxestivo percorrido por un tempo no que os animais falaban. Unha fábula na que os animais se gobernan a si mesmos coa solidariedade como motor da acción e coa felicidade inmaterial como fin primeiro. E é precisamente nestas circunstancias nas que o raposo, cun incrible afán de superación, encontra unha maneira moi orixinal de aportar o seu grao de area.
Como non podía ser doutro xeito, este libro non decepciona, resulta unha aposta segura.
FICHA TÉCNICA:
Editorial: Kalandraka.
Páxinas: 32.
19,5 x 29 cm.
ISBN: 978-84-8464-968-7.
Comentarios
Publicar un comentario