PRESTO. Doug Sweetland



Como vos vai? Seguro que ben!

Coñecedes "Presto"? Coñecedes este pequeno filme de só cinco minutos de duración? Non? Pois preséntovolo! 

Presentouse fai seis anos xa, en 2008, e estivo nominado aos prestixiosos premios Oscar como Mellor Curtametraxe de Animación. A cousa é sinxela. Hai un mago, o seu coello e un teatro cheo de xente. E polo medio, a rebelión do coello que, con moita fame, esixe a súa cenoria, e a consecuente desesperación do mago ao ir caendo nas intelixentes trampas do animal. O resultado? Absolutamente xenial! Son os cinco minutos máis divertidos da historia! Con moito enxeño e imaxinación, cun ritmo frenético e cun tramo final trepidante. 



Aquí o tedes! Adicádelle o momento que merece! Poñédevos cómodos e a desfrutar!




Comentarios

Publicar un comentario