Ola!
Un libro fermoso para un día coma o de hoxe!
"Tan grande como siete osos" convídanos a descubrir aos animais máis sorprendentes do planeta. Julie Colombet descríbenos dunha maneira moi atractiva diferentes animais, coñecidos e descoñecidos, grandes e pequenos, raros e menos raros, pero todos con características (tamaño, proporcións, detalles que os fan únicos...) que poden chamar a nosa atención.
Sabedes o que é un cercopiteco? E que o fuciño dun mono narigudo é tan grande como un esquío voador? Ou que a cabeza dun cachalote pesa o mesmo que tres elefantes? Ou que o escarabello rinoceronte é cento setenta veces máis forte que a formiga cortadora? Non? Pois entón este é o voso libro.
FICHA TÉCNICA:
Edición: Libros del Zorro Rojo.
A partir de 6 anos.
Tamaño: 25 x 36 cm;
Páxinas: 48.
Formato: Cartoné.
Comentarios
Publicar un comentario