UNHA ORQUESTRA VEXETAL IMPRESIONANTE



Ola!

Desde que coñecín o traballo desta xenial orquestra, quedei totalmente alucinado... e, sobre todo, sabendo que estamos no ano das legumes e a alimentación .

A Vegetable Orchestra son Jürgen Berlakovich, Nikolaus Gansterer, Susanna Gartmayer, Barbara Kaiser, Matthias Meinharter, Jörg Piringer, Ingrid Schlögl, Ulrich Troyer, Tamara Wilhelm, Martina Winkler, uns mozos que son músicos profesionais e que decidiron facer música con alimentos, e máis concretamente con vexetais.

O sorprendente é o ben que soan estes elementos reconvertidos en instrumentos. Instrumentos que eles mesmos constrúen como verdadeiros artesáns. Berenxenas como sintetizadores, cenorias como flautas, cabazas que son timbales ou coles como guitarras eléctricas son algúns exemplos do que digo.

Queredes ver o resultado? Pois aquí o tedes!







Comentarios