Que hai compis!
Pablo Díaz editou un novo traballo para o público infantil e as cousas cambian un pouco con respecto aos seus anteriores discos "Tic-Tac" (2010) e
"Toc-Toc" (Premio ao Mellor Disco Infantil 2014). Agora,
temos unha dose maior de guitarra acústica, harmónica e acordeón.
É música máis calma, máis tranquila para seguen a estar aí presentes esas letras divertidas, esas mensaxes directas, esas sinais de identidade inconfundibles e todo o talento deste galego que tan feliz fai ao público infantil.
"Xente miúda moita fartura" (2014) fala das cousas máis próximas á vida dos pequenos e pequenas como os insectos, comer verduras, os xoguetes ou celebrar en galego un aniversario.
Carmen Rey, Tito Calviño, Olga Kirk, Xabier Díaz e Pablo Díaz son os músicos que fan este terceiro disco posible.
Comentarios
Publicar un comentario